EN QUEN CONFIAMOS

Chegamos a un punto sen retorno da confianza nos representantes políticos elixidos pola democracia dos partidos, porque os cidadáns non merecemos o trato que se nos está dando dende todas e cada unha das instancias políticas deste país, e ós datos me remito.
Se escomenzamos por falar de corrupción, que non deixa de ser un acto terrible de traizón as persoas que te elixiron e confiaron en ti para administrar os bens públicos, xa temos que tachar unha longa lista de políticos que non merecen representar a ninguén, o único que merecen é o descrédito e o cárcere. Se seguimos falando de antepor prioridades, caso de antepor o partido, o grupo político ó cidadán, practicamente nos quedamos xa sen representantes válidos no noso país. Os políticos non teñen palabra, o que hoxe é branco mañá é azul , verde ou negro en función de onde veña o tiro, se o imputado é do meu partido digo A, se é do contrario digo B.

Coa que está caendo neste país, con datos arrepiantes de paro, de pobreza, de marxinalidade, resulta que temos uns políticos que só falan de corrupción, só teñen ocorrencias para salvar a patria facendo recorte tras recorte e todos sobre a clase humilde. Enseguida definen político como servidor dos cidadáns, entón para cando haberá recortes nas condicións da casta política. Cánto se aforraría se se decidise por decreto do goberno que todo-los políticos con adicación exclusiva deste país, que son uns cantos, perdoaran a súa nómina un mes e lles sacaran os coches oficiais, e as dietas imprescindibles, seguramente se poderían evitar os recortes salvaxes na educación, na sanidade, na dependencia, na cultura.

A proba definitiva de que estamos en mans dunha casta que só mira polos seus intereses e polos dos poderosos está no decreto do Goberno para limitar os soldos dos cargos políticos, que axiña tivo contestación da FEMP, da Fegamp e de outras organizacións e onde se meten todos estes ante decretos salvaxes como o das taxas xudiciais, os recurtes en educación, en sanidade, o desmantelamento do tren, o desmantelamento do rural galego, a dependencia, os comedores escolares, as pensións, a reforma laboral, a perda da paga extra dos funcionarios, e así un longo etcétera.

Está claro que o problema xa vai máis aló das persoas que conforman a casta, xa é un problema de sistema político que non se sostén. Os españois vivimos uns anos nun país de fantasía, e agora os políticos sácannos dese mundo irreal no que estabamos para levarnos ó inferno. Eles, que foron os causantes, no canto de acompañarnos ó inferno seguen na gloria eterna.

Resumindo, aínda que sexa doloroso hai que liquidar o sistema, acabar coa casta política e escomenzar de novo, e esto só é posible dende a indignación e dende o poder da rúa.

Te puede interesar
Más en Cartas al director