Velle e O Polvorín, máis preto

Tal como estaba anunciado, este pasado luns entrou en servizo a nova liña do bus urbano, que o traveso da cidade pon máis preto entre si ós barrios de Velle e do Polvorín.
Aínda que Velle xa dispoñía deste servizo público pola súa vía principal, botábase en falta nas dúas vías secundarias que completan o entramado viario da parroquia: o acceso ao campo de fútbol por Aspanas, e ao cemiterio, pola estrada de Sabadelle. Esta ampliación das prestacións do bus urbano obedece o desenrolo con criterios de rendibilidade social do Plan de Mobilidade do Concello, e dá resposta a unha necesidade longamente demandada polas respectivas comunidades veciñais.

Os de Velle e O Polvorín compartimos espazos dunha historia común. É sabido que o nome de O Polvorín ten os seus orixes nun almacén de explosivos que existiu alí ata os anos 40, logo trasladado a Velle, onde permaneceu ata a década dos 70, que mudou o actual emprazamento en Rante. Tamén aínda lembro cando aló polos anos 40, os de Velle acudiamos ao mercado de cereais que se celebraba no Polvorín, na actual rúa do Ponte Code-sal. E suliñar como dende hai tempo se están a manter fortes lazos de amizade entre veciños de ambos barrios, que agora se congratulan de estar vencellados por este servizo público.

Esta nova mellora na atención o cidadán pon de manifesto a importante labor que veñen desempeñando as asociacións de veciños a prol dos intereses da vecindade, e como a creación destes órganos de representación popular foi un importante logro da democracia, ó abrir canles de participación de tódolos veciños na xestión dos intereses comúns, e constituírense no seu principal axente dinamizador.

Como veciño de Velle e beneficiario directo deste novo servizo, quero manifestar a grande ledicia que sentín cando me atopei coas sinais da parada do bus preto da miña casa, experimentando unha especial emoción, non só polo que ía a aportar a miña calidade de vida e á dos meus veciños, senón tamén por sentirnos máis cidadáns, tanto como os da propia cidade.

Te puede interesar
Más en Cartas al director