O BNG cuestionará no Parlamento o traslado do Instituto do Poleiro

O BNG, a instancias do grupo municipal de Celanova, presentará no Parlamento de Galicia unha pregunta sobre a reapertura do debate sobre a construcción dun hotel-monumento no Claustro do Poleiro. Ao igual que xa acontecera no ano 2004, os nacionalistas de Celanova volven pór en tea de xuízo o proxecto, que califican de ‘homicida’ para o futuro do pobo.
Dende o BNG entenden que o traslado do Instituto repercutirá negativamente no sector servizos e na economía da vila, ‘xa que no inverno os ingresos de moitos negocios dependen en boa medida da actividade que xenera o IES’, apuntan os responsables locais, quenes piden a colaboración de veciños e institución para evitar a privatización dos edificios públicos. ‘A carencia de prazas hoteleiras non pode xustificar a privatización ou traslado do IES, senón que debería vir da iniciativa privada’, apuntan.


Te puede interesar