O concelleiro do BNG busca testigos da distribución 
dos planfletos

O importante agora é "que isto acabe para poder poñernos a traballar", pero "se consigo que declare algún testigo que viu poñer os papeis, vou seguir adiante coa denuncia", puntualiza Marcos Meléndez.

Aínda que a situación segue latente na primeira liña do interese veciñal, "dende que denunciamos, parece que non, pero parou un pouco o acoso", asegura Marcos Meléndez. O procedemento xudicial iniciouno a xerencia da gasolinera como afectada directa da campaña iniciada polos panfletos, pero "a denuncia puxémola contra os feitos, non contra ningunha persoa" porque, realmente, "non sabemos quen foi". O certo é que, nos últimos días, "o nivel de tensión por parte deles, baixou".

O importante agora é "que isto acabe para poder poñernos a traballar", pero "se consigo que declare algún testigo que viu poñer os papeis, vou seguir adiante coa denuncia", puntualiza Marcos Meléndez. Polo de agora, a pretendida difamación dos panfletos conseguiu un efecto rebote que levou a "moita xente de Ramirás e de fóra" ata a gasolinera familiar.

Tamén o recén estreado alcalde, José Carlos Rodríguez, avoga polo entendemento asegurando que tratará de reunirse coas dúas partes enfrontadas para calmar os ánimos e conseguir que o mandato que acaba de comezar sexa pacífico, se ben lembra que este tipo de acosos son típicos da zona e "sempre veñen do mesmo lado".

Mentres, os socialistas do municipio agardan polas resolucións xudiciais. Precisamente, un dos hosteleiros da zona, integrante da lista, declinou facer declaracións polo delicado da situación, e tamén a cabeza de lista, Isabel Gil, declinou facer declaracións sobre este conflicto.

Te puede interesar