O idioma e o patrimonio centran os obxectivos da nova coordinadora

O ensino potencia o uso do galego na comarca

Unha das piezas da mostra sobre o uso do galego realizada polos alumnos, no IES celanovés. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Os 13 centros de ensino das comarcas Baixa Limia-Terra de Celanova (dez colexios de Educación Infantil e Primaria, dous Institutos e un centro concentrado) uníronse na constitución da primeira 'Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística das comarcas de Terra de Celanova e A Baixa Limia'.
O equipo do cal o profesor e escritor, Xan Carlos Domínguez Alberte, é un dos responsables, celebrará o vindeiro mes de xuño en Bande o seu primer encontro escolar entre os cativos dos diferentes colexios. 'O obxectivo é realizar unha xuntanza onde os nenos podan disfrutar dunha xornada de convivencia potenciando o uso do galego', subliñaba Domínguez, quien engadía que 'os centros de ensino son un escaparate do uso do galego e da cultura galega e nelo temos que afondar'.

A constitución da coordinadora xurdiu fai varios meses ante a inquietude de un grupo de profesores, deseoso de crear 'unha rede potente que conciencie da riqueza do idioma nos nenos, así como na defensa e visibilización do patrimonio e da cultura local', subliñaban dende a coordinadora. Asemade, o equipo supracomarcal cumple un terceiro obxectivo de 'rentabilidade'. 'A idea é facer actividades conxuntas que reduza a duplicidade de esforzos e que permitan sacarlles o maior partido'.


FÓRA DA AULA

Integrada na rede galega que no sector do ensino conforman unha veintena de comarcas, a coordinadora traballará para promover o uso do galego e da cultura dentro e fóra dos centros. 'Ainda que o galego ten unha implantación aceptable nos centros, todavía temos que traballar nos prexuízos linguísticos', subliñaba Domínguez, quen anunció que estan a traballar na creación dun audiovisual para achegarse á sociedade'.

Te puede interesar