O IES celanovés convoca o certame de relato curto e poesía

O Instituto Celanova Celso Emilio Ferreiro convoca o 'XXV Certame de relato curto e poesía. Celso Emilio Ferreiro' para o alumnado de ensino medio de Galicia. Os interesados poderán presentar as súas propostas, obras inéditas en lingua galega, nas modalidades de relato curto (extensión máxima de dous folios) o poesía (non superior aos 14 versos). Nambos casos, os textos deberán facer alusión ao mundo fantástico.
Os traballos deberán presentarse antes do 12 de maio a través do enderezo [email protected], adxuntando dous arquivos en pdf. Un co traballo e un pseudónimo, e o segundo, que se identificará co mesmo pseudónimo, cos datos persoais e os do colexio onde estudia.

Entre tódolos traballos que se presenten, o xurado premiará o mellor de cada unha das modalidades cun premio de 100 euros, diploma acreditativo e publicación do traballo nos diferentes medios escritos e electrónicos do instituto.

O xurado, que estará formado por membros da comunidade escolar, dará a coñocer o fallo durante a celebración dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas.

Te puede interesar