Música, xogos e diversión na terceira edición do Mesturasóns

O vindeiro sábado, 3 de xullo, na área recreativa do río Orille, preto da aldea de Cacabelos (A Bola), celebrarase a terceira edición do festival musical 'Mesturasóns'. Unha iniciativa desenvolta por un colectivo xuvenil que traballa para levar a cabo un festival alternativo cun amplio abanico de actividades de caracter lúdico. A Coral da Bola, os portugueses de Os Ases da Magdalena, Pescando em copacabana e a sesión drum'n'bass Dj Alvarado abrirán a partir das 12.00 horas, a programación lúdico-festiva, que conta cunha zona de acampada e outra de baño.
Durante toda a xornada, sucederanse as actividades de hip-hop, pintura mural, exposicions de pintura e fotografía, torneos de fútbol-tenis e póker.

No apartado estrictamente musical, a partir das 19.00 horas actuarán no escenario verde, o grupo da Baixa Limia D'Badas y Chotokoeu, de Celanova (gañadores do 'Loita de Bandas') . Pola noite, dende ás 22.30 horas, actuarán na Veiga Galegoz, The Soul Jacket, Ataque Escampe, O Leo I Arremecághona (de Vigo), Ta'Crack, D'Badas yDj Sema.

Te puede interesar