Un obradoiro xuvenil achega a creación literaria en Celanova

A escola da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizará nos meses de outubro e novembro en Celanova un obradoiro de creación literaria. “Facer poesía en Celanova” é o título da actividade que impartirá o poeta de Escudeiros, Xoán Carlos Domínguez Alberte e que incluirá unha sesión especial a cargo do celanovés Baldo Ramos. 

A terra de poetas, máis concretamente a casa-natal do escritor Manuel Curros Enríquez, acollerá un obradoiro de creación poética diseñado para 20 persoas maiores de 18 anos. A actividade, totalmente gratuita, require inscripción previa no correo electrónico [email protected]. As sesións impartiranse os sábados pola maña, maioritariamente entre as 10,00 e as 13,00 horas, dende o 1 de outubro e o 12 de novembro.

Esta iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, co patrocinio da Xunta e no caso celanovés coa colaboración da Fundación Curros Enríquez, persigue trasmitir a  experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíble que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo a través de obradoiros impartidos por autores galegos.  “O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces”, subliña o colectivo a través da súa páxina.

Te puede interesar