Celanova daba esta semana un paso máis na súa historia como terra de poetas, ca celebración dunha feria do libro, unha cita que acadou un éxito de participantes e que esperemos teña continuidade no tempo.

Os outlets chegan á literatura

As pétreas paredes do Mosteiro celanovés, que tan profunda pegada deixaron nos poetas locais, asistiron esta semana na villa de San Rosendo a unha pequena revolución literaria con motivo da celebración da primeira edición da 'Feira do libro de ocasión'.
A antoloxía currosiana, as verbas de Ferrín e textos de Celso Emilio Ferreiro compartiron stands e protagonismo cas historias dos televisivos bolechas e os seus viaxes polo Xurés ou terras do Baixo Miño; así como as guías turísticas da comarca dos veciños da Ribeira Sacra ou polo Parque Nacional Peneda-Gerês.

A iniciativa xurdiu da Casa dos Poetas da Fundación Curros Enríquez e foi respaldada polas librerías da vila chamando a atención de veciños e visitantes.

'A feira tivo moi boa repercusión, sinceramente non contábamos con ter tan boa acollida', recoñecía Luis Conde, un dos libreiros participantes neste singular mercado de poesía, narrativa e publicacións divulgativas feitas en Galicia. 'Tíñamos moito fondo da nosa terra, libros descatalogados aos que pensamos en darlle saída en forma de feira de ocasión, e acertamos', engadía Conde.

A satisfacción dos libreiros a compartían os consumidores. 'E unha boa oportunidade para mercar os libros dos nosos poetas a un precio simbólico', recoñecía un matrimonio celanovés, mentres a súa neta se decantaba polas historias 'dos calderetas' descubrindo a poesía nas rúas de Celanova.

Máis ao fondo, un grupo de turistas consultaba os volúmenes sobre as catedrais galegas. 'Vimos a pasar o día a Celanova e atopámonos ca grata sorpresa da feira, debería publicitala máis', puntualizaban.

O mercado, que permanecerá aberto ata hoxe día 11 en horario de 12,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 horas no baixo do concello celanovés (na antiga biblioteca municipal) permitiu sacar a venda preto de 3.000 volúmenes. 'Visto o éxito desta primeira edición, estudiaremos a posibilidade de organizar máis', coincidían os organizadores.

Te puede interesar