A praza da Pedreira de Cartelle renovará os seus accesos

210727 AVM Convenio Cartelle
photo_camera O alcalde, Jaime Sousa, e a conselleira, Ángeles Vázquez.
Vázquez salientou que a de Cartelle é unha actuación acorde co Plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta no ano 2010 para colaborar economicamente coas entidades locais na execución de diferentes intervencións e proxectos co obxectivo común de crear, mellorar ou humanizar infraestruturas de uso público e colectivo. 

A praza da Pedreira, no lugar da Seara, en Cartelle, mellorará e humanizará os seus accesos e a súa contorna grazas a un investimento de máis de 93.000 euros que achegará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. 

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o rexedor local, Jaime Sousa, asinaron esta semana un acordo de colaboración, onde se recolle que a Xunta licitará as obras unha vez que se conte co proxecto aprobado polo Concello, que tamén asumirá o mantemento e conservación unha vez recepcionadas as actuacións.

Vázquez salientou que a de Cartelle é unha actuación acorde co Plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta no ano 2010 para colaborar economicamente coas entidades locais na execución de diferentes intervencións e proxectos co obxectivo común de crear, mellorar ou humanizar infraestruturas de uso público e colectivo. Desde a súa posta en marcha, mobilizou un orzamento de case 150 millóns de euros en case 320 actuacións.

A conselleira trasladoulle ao alcalde que este tipo de iniciativas son “prioritarias” para o Goberno galego, que aposta por apoiar e financiar proxectos cos que se melloren os espazos das vilas galegas e, sobre todo, aqueles que “melloran a funcionalidade e dan prioridade de uso a todos os veciños”.n

Te puede interesar