Ramirás reviviu as vellas verbenas con Rebulir

photo_camera Así se desfrutou en Ramirás da romería este San Xoán
A praza de San Andrés de Villavidal foi o escenario da nova edición da "Verbena do Rella" 

O espírito das vellas romarías escenificouse na noite do sábado en Ramirás. A praza de San Andrés de Vilavidal foi escenario da segunda edición da “Verbena do Rella”, unha festa que naceu da man de Rebulir para dar continuidade a Noite de Fiadeiro, e que conxuga a perfección a leimotiv das festas galegas: música e gastronomía nun ambiente veciñal e de amizade. 

O festexo en Ramirás contou coa participación de grupos de renome, pero tamén das novas xeracións que emerxen nas escolas de Rebulir, Lembranza Solpor de Celanova e Brisas do Quenllo da Coruña. Eles foron os protagonistas do festival que abriu a noite, tras unha tarde de xogos e obradoiros que achegaron ata Vilavidal a veciños da bisbarra, e que desfrutaron da oferta musical e gastronómica ata ven entrada a noite cunha verbena que leva o nome do Rella, un recoñecemento da organización a un gaiteiro moi popular na contorna que faleceu nos 90.

Te puede interesar