Viana do Castelo e Celanova únense para captar fondos europeos

uploaded_celan_result
photo_camera Imaxe da reunión mantida pola mañá no Concello de Celanova.

O Inorde coordinará os proxectos para concurrir ó plan Interreg V

 O alcalde de Celanova, José Luís Ferro, mantivo unha reunión co xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez e co alcalde de Viana do Castelo, José María Costa, co fin de analizar posibles vías de colaboración entre a localidade portuguesa e o municipio celanovés no campo da promoción do patrimonio cultural, fundamentalmente arqueolóxico e etnográfico que ámbolos dous municipios posúen e dentros dos programas europeos cuxos prazos se abrirán no próximo mes de setembro no marco europeo do Interreg V.


José Luís Ferro e José Manuel Rodríguez abordaron co presidente da Cámara municipal vianesa a máis que posible colaboración de ámbolos dous concellos en proxectos de posta en valor e dinamización do castro de Castroamao, xunto co seu poboado castrexo, por aprte de Celanova, así como con varios lugares de grande importancia no ámbito da arqueoloxía castrexa do Noroeste naquela cidade e que teñen como referente o castro de Santa Lucía, situado á par dun dos monumentos máis visitados do norte de Portugal, como é a igrexa de Santa Lucía, dende onde se contempla unha das máis fermosas panorámicas do país veciño.

Semellanzas
Asimesmo, os dous municipios manteñen semellanzas entre a celebración anual da Romaría Etnográfica Raigame por parte de Celanova, que se desenvolve o día 17 de maio, e a celebración da romaría da Nosa señora da Agonía, na terceira semana de agosto e constitúe tamén unha das manifestacións etnográficas máis multitudinarias de Portugal.
No marco desta vía posible de colaboración, o alcalde de Viana do Castelo propuxo tamén que fosen incluídas no programa actividades de promoción dos oficios tradicionais, como pode ser o oficio dos zapateiros, tan ligado a Vilanova dos Infantes, ademais de iniciativas de promoción de productos e dos mercados semanais que en Celanova se celebran tódolos xoves do ano e en Viana do Castelo os venres.


Aproveitando a visita a Celanova, o alcalde de Viana tivo oportunidade de coñecer o mosteiro de San Rosendo, así como a capela de San Miguel.
Ademais da festa da Nosa Señora da Agonía, Viana do Castelo acolle a finais do mes de xullo unha feira de artesanato tamén moi multitudinaria, na que se pretende que participen tamén algúns dos artesáns que asisten habitualmente a Raigame.
A principios do mes de agosto, unha representación municipal de Celanova e do Inorde achegaranse a Viana dos Castelo para rematar a redacción do proxecto.

Te puede interesar