Vilanova acollerá o 17 de maio a edición máis doce de Raigame

Romaría Raigame. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Romaría Raigame. FOTO: ÓSCAR PINAL
Xa está aberto o prazo para solicitar locais ou espazos de instalación de oficios, artesáns e outras actividades

Os “dulceiros”, os artesáns que traballan no sector dos doces, serán os protagonistas da nova edición da Romaría Etnográfica Raigame que o 17 de maio se celebrará en Vilanova dos Infantes. Onte dábase a coñecer a temática desta edición, na cal a organización convidará a participar a unha representación de artesáns que traballen a docería por tódalas comarcas co fin de ofrecer unha visión de conxunto da riqueza gastronómica existente en Ourense no sector dos doces.

Asemade, dende hoxe estará aberto o prazo de preisncrición para todas aquelas persoas que queiran participar coa demostración de antigos oficios, traballos artesáns ou outro tipo de actividades de venda de produtos tradicionais e gastronómicos na xornada festiva. Xa está na web de Raigame o formulario que deberá presentarse exclusivamente na sede electrónica do Concello de Celanova (http://celanova.sedelectronica.es/info). O prazo de inscrición estará aberto ata o día 17 de marzo e, do 18 ao 22 de marzo, a organización de Raigame procederá a selección de participantes, tendo en conta o postulado nas bases e criterios de selección.

Por outra banda, o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense e o Concello de Celanova convocarán unha nova edición dos certames de fotografía, microvideo e, o segundo, de engalanado de fachadas, corredores e galerías.

Te puede interesar