Volve o obradoiro de poesía á casa museo de Curros Enríquez

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá mañá sábado, día 15 de outubro, unha nova sesión do obradoiro de creación literaria “Facer poesía en Celanova”. Unha actividade organizada dende a Escola de Escritoras e escritores da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que imparte Xoán Carlos Domínguez Alberte. Preto dunha veintena de persoas participan cada sábado,ata o 12 de novembro, das actividades prácticas analizando textos dos autores da bisbarra co obxectivo de estimular a sensibilidade literaria .

Tras analizar a tradición popular de Manuel Curros Enríquez e a identidade e estirpe de Xosé Lois Méndez Ferrín, esta semana tocaralle aos textos de Paulino Vázquez Vázquez, nado en Vilanova dos Infantes cunha temática de elexía e memoria.

Te puede interesar