A Academia Galega das Ciencias inclúe a catro novos membros

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) aprobou o ingreso de catro novos membros na súa organización, o catedrático de Medicin Xeral da USC, Ángel Carracedo, Fernando Pérez, catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e das Comunicacións da UVIGO, María José Alonso (catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC) e a catedrática da USC no Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía Alicia Estévez.


A entrada dos novos académicos numerarios fíxose oficial coincidindo coa apertura do curso da institución, que se celebrou onte en Santiago e que estivo adicado á memoria de Ernesto Viéitez, presidente da RAGC durante 31 anos e falecido o pasado mes de setembro.

Durante o acto, Antonio Rigueiro, académico da RAGC e catedrático de Produción Vexetal da Universidade de
Santiago de Compostela (USC), dedicou a lección maxistral a Ernesto Viéitez co castiñeiro como tema.

Pola súa parte, Darío J. Díaz Cosín, catedrático de Zooloxía da Universidade Complutense de Madrid, falou das súas vivencias co profesor Viéitez cando hai máis de trinta anos ambos os dous coincidiron como docentes e investigadores na Universidad de Santiago.

Logo da intervención do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, pechou o acto o presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos. Durante a clausura, Ríos anunciou que os galardóns científicos que a institución concede cada ano denominaranse a partir de agora Premios de Investigación Ernesto Viéitez.
 

Te puede interesar