Cultura

Audio | Así soará a voz de Otero Pedrayo o luns na praza do Obradoiro

Don Ramón Otero Pedrayo, durante su conferencia en el Aula de Cultura.
photo_camera Don Ramón Otero Pedrayo, durante su conferencia en el Aula de Cultura.
O vindeiro luns escoitarase unha audición inédita do escritor sobre o arcebispo Xelmírez

O vindeiro luns escoitarase ás 21 horas na praza do Obradoiro unha audición inédita do escritor e intelectual da Xeración Nós Ramón Otero Pedrayo. Neste caso é unha conferencia sobre o arcebispo Xelmírez, considerado un dos grandes oradores do século XX en Galicia. 

Otero Pedrayo pronunciou estas palabras sobre o arcebispo nunha conferencia no refectorio do Pazo bispal o 15 de xullo de 1952. A voz do escritor mostra as intrigas, revoltas e guerras que o primeiro arcebispo de Santiago de Compostela protagonizou ata conseguir a consagración do Palio para Compostela. 

A gravación que se escoitará no Obradoiro permaneceu oculta e esquecida no arquivo familiar do oftalmólogo Dr. Antón Beiras nunha bobina de fío de aceiro. Esa peza cobra vida de novo tras someterse a un proceso de dixitalización, edición e masterización. 

PODCAST: Un percorrido pola vida e obra de don Ramón

"Ramón Otero Pedrayo, o fidalgo de Trasalba, non era totalmente fidalgo nin totalmente de Trasalba, aínda que non andaba lonxe de ambas cousas. Mais empecemos polo principio. O neno Ramón Otero Pedrayo, nacido en 1888, levou, como moitos nenos do seu tempo e de clase alta nacidos, os nomes dos avós....".

Un percorrido pola vida e a obra de don Ramón en formato podcast. 

  • Guión: Afonso Vázquez-Monxardín
  • Voz: Ramón Blanco

 

Te puede interesar