"Toque de queda" é forma exclusiva do castelán que ten que ver, claro, con que tocaban as campás para que a xente quedase queda na casa e non saíse de noite. De aí o de toque e o de queda. E iso de tocar unha campá e que a xente pasase para casa era o normal ao longo de toda a Idade Media e Moderna. Noutras linguas fano derivar do francés “couver-feu” -os italianos din “coprifuoco” e os ingleses “curfew”- que está relacionado con evitar o lume. E si, teñen pois unha orixe común cando se obrigaba á xente a recollerse nas casas de noite para evitaren perigos. Recollerse. Gústame moito a expresión portuguesa. Falan os irmáns do sur, simplemente, de “recollemento obrigatorio”. E así non parece o asunto guerreiro que a todos nos evoca o de “toque de queda”. “O recollemento obrigatorio será de once da noite á seis da mañá”. Non lle vexo problema ningún.
Buscar
25/oct./20 - 03:47
Actualizado:
12/nov./20 - 21:40
12/nov./20 - 21:40
Compartir
Tags
Más en Cultura
MÚSICA
Vetusta Morla hace un alto en su trayectoria: "Si todo va bien volveremos en 2026"
Agencias
25/abr./24 18:50
'ME TOO'
Otras tres mujeres acusan al cineasta Carlos Vermut de violencia sexual
Agencias
27/feb./24 10:25