A bolboretiña do día | A copliña de Seixalbo

Os idiomas son coma os líquidos. Pódense mesturar. Algúns fano ben, outros mal. Falar un entrefebrado -mesturando as febras- de galego e chino, pois debe ser case imposible. Como auga e aceite. Castelao estudou o “galeguinglish” de Nova York e Xelís de Toro, o de Londres. 

Pero o que mestura ben ben é o galego e o castelán. De máis. Como o viño e a auga. Así, a perda da enxebreza fai que se podan recoller coplas populares como: “O pueblo de Seixalbo de lexos parece villa, á entrada ten iglesia, á salida ten capilla”. 

Mi madriña! De galego quédanlle as contraccións e os verbos! En fin, cómpre peneirar e darlle a cada un o seu, coma en Ribadeu. Por usarmos dito enxebre.

Te puede interesar