O Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago organizarán este xoves unha xornada de 'avaliación e xuízo crítico' sobre os recursos destinados aos efectos da marea negra do Prestige, do afundimento da cal se acaban de cumprir nove anos.
En concreto, a xornada celebrarase durante todo o día na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, onde tamén terá lugar a presentación do libro 'Recursos en I+D+i dedicados ao estudio dos efectos da vertedura do Prestige (2003-2008). Avaliación e xuízo crítico', coordinado por Vitoriano Urgorri e Marcos P. Señarís.
No libro recompílase a relación dos diferentes proxectos de investigación realizados sobre a marea negra do 'Prestige', a través dun resumo das súas conclusións finais e as súas referencias.
O acto de apertura terá lugar ás 10.30 horas e estará presidido pola Decana da Facultade de Bioloxía da USC, María Luz González Caamaño, xunto cos profesores Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Vitoriano Urgorri.
A clausura será tamén o xoves ás 19.00 horas e no intervirán o reitor da USC, Juan Casares, o presidente do CCG, Ramón Villares, ademais de Díaz-Fierros e Vitoriano Urgorri.