O uso actual da palabra “cribado” en galego xustifícase porque existe a palabra “cribo” e “criba” en galego, aínda que é moitísimo máis usada, como vostedes saben, “peneira”. E non vou dicir eu que se fale dun “peneirado”, pero tampouco me soaría raro. E antes de seguir, mimeticamente o da lingua castelá, visitemos lares veciños. O inglés usa screening, relacionado con screen, pantalla, monitor. Algo así como “monitorizar” a evolución. Os italianos, nugallaus, usan a palabra en inglés (il resultato di un test di screening, din). Os franceses usan dépistage que ten que ver con “pista”, con seguir a pista -non con perdela- ou sexa, rastrexar. Os cataláns usan cribratges facendo uso desa terminación occitana que tamén en galego existe, (linguaxe, aprendizaxe...) e que indica acción de cun sufixo distinto do participio. Os veciños portugueses dubidan pero tenden eles a usar adaptada -simpaticamente para nós- a palabra francesa, están estes días facendo “despistes rápidos”. En fin, eu non lles son especialista, pero peneirado, rastrexo, cribaxe, deberían ser sinónimos para non tanto repetir o de “cribado”. Desde logo despistes, neste tema, non máis, por favor.
Buscar
12/feb./21 - 05:09
Actualizado:
12/feb./21 - 00:11
12/feb./21 - 00:11
Compartir
Tags
Más en Cultura
MÚSICA
Vetusta Morla hace un alto en su trayectoria: "Si todo va bien volveremos en 2026"
Agencias
25/abr./24 18:50
'ME TOO'
Otras tres mujeres acusan al cineasta Carlos Vermut de violencia sexual
Agencias
27/feb./24 10:25