Cultura afirma que a suspensión dos dous edificios restantes da Cidade da Cultura permitirá aforrar 72 millóns

Vista de la Cidade da Cultura (Foto: EFE)
A Consellería de Cultura asegurou este venres que a suspensión temporal das obras do Centro de Música e Artes Escénicas e do Centro de Arte Internacional da Cidade da Cultura --os dous edificios que restan para concluír o proxecto-- permitirá aforrar máis de 72 millóns de euros ao longo dos tres anos de aprazamento acordados coas empresas construtoras.

A Consellería de Cultura asegurou este venres que a suspensión temporal das obras do Centro de Música e Artes Escénicas e do Centro de Arte Internacional da Cidade da Cultura -os dous edificios que restan para concluír o proxecto- permitirá aforrar máis de 72 millóns de euros ao longo dos tres anos de aprazamento acordados coas empresas construtoras.

Na planificación dos gastos da Fundación Cidade da Cultura serían necesarias actuacións por valor de 35,15 millóns de euros para a construción do Centro da Música e de 32,07 millóns para o Centro de Arte Internacional, así como de 5,59 millóns para as obras da segunda fase de reurbanizacion do complexo.

Os custos da suspensión, pola súa banda, serán, 150.907,98 euros por actuacións derivadas da suspensión -retirada de materiais, almacén, etc. - e 5.382,59 euros de custo mensual por mantemento da obra durante o período de suspensión.

Ademais, abonaranse 102.935,50 euros en concepto de abonos a conta por actuacións derivadas da suspensión, que serán recuperables se en 2014 se adopta a decisión de seguir coas obras, posto que esta partida corresponde a unha cantidade en concepto de 'adianto de obra''.

O acordo de suspensión temporal destas obras inclúe a renuncia por parte das empresas construtoras a exercitar calquera posible indemnización á que puidesen ter dereito. En concreto, renúnciase expresamente á indemnización do seis por cento en concepto de beneficio industrial, ás indemnizacións en concepto de danos e perdas, ás compensacións ou xuros de mora e a calquera outra indemnización.

Te puede interesar