Cultura inicia as visitas guiadas ao Museo de Galicia e prepara para 2013 unha mostra sobre coleccións privadas

A Consellería de Cultura iniciará o próximo mes de novembro as visitas guiadas ao próximo edificio da Cidade da Cultura que prevé a súa apertura, o Museo de Galicia, que acollerá durante 2012 unha primeira exposición sobre a pedra en Galicia e en 2013 unha mostra sobre coleccionismo privado na Comunidade.
Así, a partir do 2 de novembro, os interesados poderán apuntarse a través da web da Cidade da Cultura para coñecer os espazos deste centro de exposicións, unha situación que se manterá ata que rematen de construirse por completo os accesos.

Posteriormente, o edificio abrirase completamente ao público para que 'a xente coñeza cual é a parte arquitectónica' do Museo, algo que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, considerou unha 'ocasión única'.

'O museo neses meses vaise converter en obxecto de exposición', indicou o conselleiro, ao tempo que rexeitou que o edificio se vaia abrir 'baleiro de contido', xa que 'se vai mostrar a si mesmo' e se organizarán actividades no seu interior.

PRIMEIRA EXPOSICIÓN

Aproximadamente no mes de maio, Cultura ten prevista a inauguración da primeira grande exposición que acollerá este recinto, dedicada á historia da pedra na cultura galega a través dos séculos.

Unha vez que remate esta exposición, que permanecerá no Museo de Galicia ata finais de 2012, a Xunta prepara xa unha nova mostra 'vinculada directamente a Galicia' e que 'probablemente' versará sobre o 'coleccionismo privado galego', que 'hai moito'.

Te puede interesar