Máis de seiscentas obras concorren ao premio de narrativo Torrente Ballester

Un total de 611 obras procedentes de 27 países optan á XXIII edición do premio de narrativa 'Torrente Ballester' que convoca a Deputación da Coruña e cuxa decisión se fará pública no vindeiro venres.

A obra gañadora terá un premio de 25.000 euros e a institución provincial farase cargo da súa publicación.

Do total de orixinais presentados ao galardón, 571 están escritos en castelán e 40 en galego, e 156 deles proceden de 27 países entre os que figuran Arxentina, Bélxica, Chile, Ecuador, Estados Unidos, Francia, Venezuela, Australia ou Nova Zelandia.

Nesta edición, o xurado do certame literario está composto por Amalia Igrexas, Anxo Basanta, José Antonio Ponte Far, José María Pozuelo Yvancos, Charo Canle, José María Guelbenzu e actúa como comisaria Mercedes Monmany.

Despois do anuncio do galardón no vindeiro venres será presentada a edición impresa da obra do escritor José María Guelbenzu, 'El hermano pequeño', gañadora en 2010, que foi editada polo selo Destino.

Entre os autores gañadores deste premio en anteriores edicións están Manuel Rivas, Víctor Freixanes, José María Merino, Luisa Castro, Milagros Frías, Andrés Barba ou Ignacio Martínez de Pisón.

Te puede interesar