Méndez Ferrín ve 'insuficiente' o financiamento da RAG e considera que a Xunta 'debería tomala máis en serio'

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín, considerou que a Xunta 'debería tomar máis en serio' o financiamento da institución galega ante unha dotación 'insuficiente' e que está 'por debaixo do necesario'.
'E seguirá estando', engadiu, malia o posible aumento na partida dos Presupostos Xerais destinada á entidade galega tras as emendas presentadas por PP, PSOE e BNG para igualar a percepción económica coas súas homólogas de País Vasco e Cataluña. En concreto, os PGE recollen unha partida de 380.000 euros destinada á RAG mentres que as entidades vasca e catalá contarán cada unha cunha contía superior aos 700.000 euros.

A preguntas de xornalistas, Méndez Ferrín indicou que descoñece novidades ao respecto, aínda que valorou o apoio dos tres partidos políticos para o incremento da contía, que 'corrixiron a tempo' a súa posición. Así mesmo, considerou que a Xunta 'debería tomar máis en serio' o financiamento da institución galega. 'Faino, pero de momento é insuficiente', apostilou.

Te puede interesar