A fala dos vellos

Petar ou non petar, that's the question

Captura de pantalla 2020-03-22 a las 9.04.21

Petar. Os rapaces novos tenden a usar o “petar” no uso popular novo que se lle deu en castelán recentemente de “estar acugulado” e que eu non lembro de novo. Así, chegan a dicir “O local estaba ‘petado’ de xente”.

E iso fáiseme raro, raro. Para nós, galegos enxebres, a “petar” chéganlle tres significados:

1) “To knock”. Petou á porta e non lle abriron.

2) Golpear, espetarse. “O coche varréselle e petou cun penedo”.

3) Non querer de ningunha maneira, coloquial e case vulgar ou desafiante, “Non vou. Non me peta”. “Nada. Non lle petou e non o fixo”. A min, non me peta usar o “petar” máis que ao noso xeito.

Te puede interesar