Roberto Vilar continuará na nova tempada de Land Rober mentres comeza novos proxectos en Cuatro

 El humorista gallego Roberto Vilar.
O humorista galego Roberto Vilar estreará o próximo 29 de setembro o primeiro programa da nova tempada de Land Rober na Televisión de Galicia, unha labor que compatibilizará co desenvolvemento de novos proxectos en Cuatro tras a súa sinatura con Mediaset.
Así o asegurou o propio Vilar nunha rolda de prensa na que falou ante os medios das súas negociacións para levar un formato humorístico a unha televisión nacional e da súa intención de seguir co programa que conduce na TVG dende 2009 'mentres a Televisión de Galicia queira que o siga facendo'.

Segundo indicou o humorista, as negociacións para o seu salto á televisión nacional comezaron con Antena 3, que formulou a realización dun 'late night' ao presentador galego, algo que finalmente foi descartado por falta de presuposto.

Paralelamente, Vilar iniciou conversacións con Mediaset, para quen gravou un programa piloto xunto co seu compañeiro en Land Rober Xosé Touriñán que gustou á compañía de televisión co obxectivo de levalo a Cuatro.

O nome de Vilar soou tamén para presentar o novo programa de Antena 3 'Me suena tu cara', un ofrecemento ante o que Mediaset decidiu pechar co galego un contrato de dous anos, co obxectivo de que a finais de 2011 inicie en Cuatro un 'programa de formato' para, o ano próximo, lanzar o seu 'propio proxecto'.

LAND ROBER

Non obstante, a intención do humorista galego é continuar co seu traballo en Land Rober na TVG, algo para o que, segundo precisou este martes, conta co visto bo da propia Televisión de Galicia.

'Eu podo seguir facendo Land Rober na TVG, se non pensase que podo, pensaríamo máis', sentenciou Vilar, que indicou que o propio contrato con Mediaset inclúe unha cláusula que permite compatibilizar o seu labor solo coa TVG.

Roberto Vilar, que se mostrou 'moi feliz' por poder realizar ambos os dous proxectos, evidenciou o seu desexo de 'crecer' e 'poñerse a proba' na televisión nacional 'levando fóra' o proxecto de humor galego que xa ten na televisión autonómica.

Te puede interesar