Queremos Galego chama a secundar a manifestación compostelana en defensa da língua

Santiago centraliza os actos polo Día das Letras Galegas

Imaxe de Vidal Bolaño no Salón Teatro de Compostela. (Foto: LAVANDEIRA)
Santiago de Compostela centraliza os actos principais de homenaxe ó dramaturgo Roberto Vidal Bolaño con motivo do Día das Letras Galegas deste ano. Deste xetim tódoslos municipios da comunidad autonóma celebrarn recitais, representacións teatrais ou musicais para lembrar ó creador e un dos principais protagonista da modernización do xénero en Galizia.
Despois de que onte o Salón Teatro de Compostela acollera a homenaxe do Goberno galego, coa presencia, entre outros, do alcalde Ángel Currás, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ademáis de familiares de Vidal Bolaño, para hoxe, a Academia Galega manterá no Teatro Principal, as 12,00 horas, o seu propio acto, que consistirá nun relatorio desde distintos puntos de vista literarios sobre a figura de Vidal Bolaño por parte de diversos académicos, como Francisco Fernández Rei, Euloxio Rodríguez Ruibal y Margarita Ledo. Asemade, o concello colocará unha placa conmemorativa na que fora a súa residencia natal.

O parque de San Domingos de Bonaval acolleu onte o concerto do Día das Letras Galegas del Consello da Cultura, unha cita que tivo como protagonista . Una cita que en esta ocasión tivo como protagonista a Rosalía de Castro, a través de 36 composicións que puxeron a melodía ós versos da poetisa co galo dos 150 anos de Cantares Gallegos.

Pola súa banda, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, elaborou nas instalacións da Cidade da Cultura un programa cultural enfocado ás familias. De carácter totalmente gratuíto, as actividades programadas serán teatrais, musicais, exposicións e actividades infantís.

Como xa é tradición, a plataforma Queremos Galego invitou a 'tódalas persoas que amen o galego' a sumarse á manifestación en defensa do idioma que percorrerá as rúas de Compostela baixo o lema 'Non queremos ser extranxeiros na propria patria. Queremos galego!', que saíra ó mediodía da Alameda compostelana.

Te puede interesar