O Teatro Colón acolle o 9 de xuño na Coruña un recital de 'Follas Novas'

O Teatro Colón da Coruña acollerá o 9 de xuño, a partir das 20.30 horas, a actuación da coral polifónica 'Follas novas' con versos de Rosalía de Castro para render homenaxe ao xornalista Juanjo Gallo, xefe de prensa da Deputación da Coruña, cando se cumpre o primeiro aniversario do seu falecemento, segundo informa o organismo provincial.
O presentador da TVG Xosé Ramón Gayoso será o encargado de conducir o acto, durante o que Estíbaliz Espinosa e Isaura Rey recitarán algúns dos versos máis populares de Rosalía como 'Adeus ríos, adeus fontes','Campás de Bastabales' ou 'Negra sombra', que serán acompañadas ao piano por Gabriel López e as voces de 'Follas Novas'.

O concerto-recital está organizado pola coral polifónica 'Follas novas' coa colaboración da Deputación da Coruña, a Asociación da Prensa da Coruña e a Fundación Novacaixagalicia, onde a partir deste martes, 31 de maio, se poden retirar os convites para asistir a este evento.

Te puede interesar