Fútbol

UD Ourense - Arosa: Foi un partido dos que había anos que non se vían no Couto

David Rojo se dispone a disparar a la porteria del Arosa.
photo_camera David Rojo se dispone a disparar a la porteria del Arosa.

Foi un partido dunha intensidade enorme e no que houbo un equipo que mereceu gañar e ese foi a UD Ourense. Do minuto 1 ó minuto 70 todo o fixo a UD Ourense e penso que a afección se foi moi contenta co nivel que mostrou o equipo e coas ganas coas que xogou. 

Foi unha gran tarde de fútbol, das que facía moitos anos que non se vivían no campo do Couto. 

Sorprendeume o ritmo o que se xogou durante 70 minutos sendo unha eliminatoria a 180. Foi tanto o ritmo que é certo que nos últimos 20 pasaron moi poucas cousas e incluso había a sensación de que o empate valía.

Houbo catro ocasións moi claras na primeira metade e outras dúas na segunda. O Arousa penso que especulou bastante. Quedou claro que viña a xogar unha eliminatoria a dobre partido e que lles valía o empate. O Arousa non demostrou nada neste partido, pero demostrouno durante toda a tempada.

Foi un partido que deixa a xente contenta, no que era imposible aburrirse e incluso con máis ritmo do agardado. A UD Ourense no se deixou nada e fixo, para mín, o mellor partido da tempada na casa.

Foi unha pena non nos levar algo de vantaxe para o partido de volta, que era o xusto, pero con todo, e vendo a imaxe que deixou o equipo, queda claro que non está doado, pero é un empate que hai que saber xogar tamén con el. Se o Arousa pensa que ten feita a eliminatoria vaino pasar mal.

Non foi un bo resultado, pero foi un bo partido e está aberta a eliminatoria.

Te puede interesar