Presidenta do Parlamento de Galicia

Dolores Villarino: ’Nesta lexislatura hai máis predisposición ó acordo por parte de tódolos políticos’

Dolores Villarino.
¿Por qué é precisa unha campaña para achegar o Parlamento ós cidadáns?

Porque hai unha certa distancia entre as institucións e a cidadanía, pero é moi importante que teñan proximidade para que sepamos qué pensa a xente, as súas inquedanzas ou críticas. O poder lexislativo é máis descoñecido que o executivo. Por eso, debíamos dar o primeiro paso: saír de Santiago e facer actividades na rúa.
Tamén pensamos que o Parlamento ten que promover os valores que son a esencia da democracia. Neste caso, o da convivencia ’saudable’, como Ourense e a súa riqueza termal. Penso que será a cidade de Galicia que nos primeiros 50 anos deste século sufrirá a maior transformación.



Hai algúns, como en tódalas sociedades. Aínda temos pouca inmigración, pero creo hai un problema relativo. Temos unha maneira de ser relativamente sosegada, integradora. Pero en calquera sociedade hai que facer un esforzo continuo de mellorar a convivencia cada día.



Eu síntome orgullosa dos 75 parlamentarios porque, dentro da discrepancia lóxica, hai un nivel de convivencia persoal moi importante, básico para poder ter diálogo. Levamos 19 leis aprobadas por unanimidade. Seguro que temos que mellorar, pero é razoable.



Si é certo que nesta lexislatura hai máis predisposición ó acordo por parte de tódolos actores políticos. As leis que entran no Parlamento reciben moitas emendas, incluso dos grupos de Goberno, antes infrecuente.



Intento ter unha relación igual cos tres grupos pero, se cabe, estar máis atenta ó Popular, porque é o único que hai na oposición. Viñan de 16 anos no Goberno en maioría e de pronto na oposición, tardaron un pouco en acomodarse. Podo ter discrepancias con eles e critícanme, pero eso é indistintamente, con calquera grupo. Aí si que non hai cor político.



Debería de ser posible. Xa non entendín entón que non se chegara a acordo. O nivel do traballo que fixo a ponencia do Parlamento foi moi alto e cun consenso absoluto, e o único que impediu o acordo foi o preámbulo, con algo tan difícil de explicar como que se poida cantar un himno no que falamos de Nación de Breogán pero non se poda plasmar no preámbulo. Cando se dean as condicións políticas á marxe de Galicia, haberá acordo rápido.



Podería ser, pero é difícil. Tralas xerais, ven a precampaña das autonómicas e para chegar a acordo é necesario certo sosego, que agora non vexo.

¿Como ve a proposta dunha circunscripción electoral para os emigrantes en Galicia?

Como socialista, sempre defendimos o dereito o voto dos emigrantes, coas mesmas garantías que en Galicia. Se a circunscripción é única, a posibilidade de garantir a limpeza do voto está máis preto: non é o mesmo que haxa votos en cada provincia que unha circunscripción. Tamén lles permite ós emigrantes visualizar os seus representantes, máis próximos a eles.



Hoy, entrevista a Dolores Villarino, a las 14.40, 20.50, 21.50, 22.50 y 00.50.

Te puede interesar