Enrique Nóvoa: ’A miña executiva será de traballadores que queiran ter responsabilidades políticas’

Enrique NóvoaO novo presidente da xunta local do PP
O novo presidente da xunta local do PP síntese orgulloso da confianza que lle amosaron os militantes e anuncia un comité executivo de traballadores con ambicións políticas.
¿Qué significa esta nova responsabilidade que acaba de asumir?

A verdade é que me enche de orgullo. A dirección do partido en Santiago mandou crear a xunta local, pois había 20 anos que non existía. Alí acordaron que fose o alcalde ou o candidato, no seu caso, o que a liderase, pero sempre abertos a que se presentase calquera outra opción. Eu asumín esto con total responsabilidade pero tanto o presidente rexional coma o provincial saben que estaba moito mellor de militante; estou acostumado a vir dende abaixo. Púxenme a traballar e o que intentei, cando chamaba á xente para que participase na miña candidatura, eran persoas que representasen á sociedade por eso levo dende médicos a catedráticos, arquitectos ou enxeñeiros; pero tamén amas de casa, albañiles ou encofradores, porque neste partido ten cabida todo o mundo. E estou especialmente contento porque, sendo día de matanzas e fin de semana, estaban aquí moitas persoas para apoiarnos, pese tamén a que non temos o poder en Madrid nin en Santiago. Penso que ás veces os dirixentes do PP non nos merecemos ás bases do partido, sempre con ilusión para conquerir o resultado de hai catro anos no vindeiro mes de marzo.

Designalo como candidato oficial á presidencia pola dirección ¿eliminou as posibilidades doutras alternativas diferentes a vostede? ¿Cómo interpreta que non houbese ninguén que quixese optar á liderar a xunta local? ¿É vostede imbatible ou os demáis pasan?

Non pasou ninguén do partido. Teño que decirlle que había máis de 50 persoas que me chamaron persoalmente para dicirme que querían entrar na miña candidatura. A mín gustaríame, eso sí, que se presentaran outros candidatos porque este partido demostra a democracia nas bases pois, como saben tódolos militantes, houbo eleccións democráticas en urna, en cada distrito, onde se elixiu parte da candidatura. Pero quería dicir tamén unha cousa. Eu reclamei toda a liberdade para facer unha lista integradora e creo que o reflexo viuse aquí: xente que estaba no partido pero sin cargo orgánico dende facía moito tempo estaba ahí, e agora están conmigo.

A súa elección e a composición da directiva é so o inicio. Agora queda elexir o núcleo duro que o acompañará, o comité executivo. ¿Qué perfil deberán cumplir os futuros membros? ¿E cáles serán?

Esto último aínda non. Teño diseñado o funcionamento da xunta local. O vindeiro día 20, data na que nos reuniremos, vou plantexar a composición de dez grupos de traballo que traten asuntos como a universidade, a empresa, os maiores, a xuventude, etcétera. Poderán apuntarse os membros segundo a súa formación e experiencia e entre eles elexirase un responsable. Serán 10, os que formarán entón a executiva. E o seu perfil será o de xente activa, que poida adicar tempo ó partido, que traballe duro e que queira dar o paso á política, ter responsabilidades neste campo.

Cumprido ese trámite, ¿cál será o camiño da xunta local, os principais obxectivos?

As aportacións e iniciativas que se nos fagan dende a cidade intentaremos executalas a través dos plenos municipais, pero botaremos man desa base tan importante do PP para que se implique no partido. Deberemos reorganizar os distritos, as xuntas de barrio, pensando, en principio, nas eleccións de marzo.

¿Eso supón estar ó pé do cañón nos asuntos que interesan nesta cidade, como o AVE por exemplo? ¿Cal é o plan de traballo neste asunto, por exemplo?

Gustaríame, e xa o dixen públicamente, mostrarlle o meu apoio á figura do alcalde, da alcaldía, porque en temas importantes temos que estar todos xuntos, tirando polo mesmo lado. E o PP estao facendo xa no Concello, porque así nos comprometemos. Debemos estar xuntos frente a un Ministerio que durante catro anos non nos fixo caso, tratounos con desprezo e non quixo atender a ninguén que representase a esta cidade e a esta provincia. O outro día, o secretario de Estado de Infraestructuras, Víctor Morlán, reuniuse, por fin, co alcalde; e eu creo a Francisco Rodríguez, pero non ó Ministerio nin á persoa. Pense que dende a oposición tamén se pode facer cidade.

Vostede sempre dixo que non era un home de despacho, que o que lle gusta é estar coa xente, na rúa. ¿Esta nova responsabilidade responde a eses desexos?

Si, venme como anel ó dedo. Un só non vai a ningún lado, creo no traballo de equipo. O día 20 xa quero delegar, que cada un asuma, dende esa data, a súas responsabilidades porque, se non, o tema non funciona.

¿Síntese agora vostede respaldado tamén polo sector crítico do distrito centro que noutros momentos o cuestionou?

Si, incluso ese distrito é o que máis representación ten polo seu volumen de militantes. Facemos falta todos, cabemos todos e todos temos que implicarnos porque ó PP non lle chega con conquerir o 40% dos votos, ten que conquerir a maioría absoluta.

¿Quén cre que votou en contra, o que provocou ese voto nulo?

Non o sei, pero xa lle falei na miña intervención, en nome de toda a miña candidatura, para decirlle que espero demostrarlle co meu traballo nestes dous anos, ata a renovación da directiva, que nós valemos, e espero facelo cambiar de idea. Tamén o felicitei pola súa valentía porque él entendía que na xunta local non estaba quen tiña que estar.

¿Cre que a situación de goberno no concello da cidade pode influir no resultado das eleccións xerais, nunha provincia na que a cidade centraliza á maior parte da poboación?

Ás eleccións xerais vótase un programa e un querer a este país, e creo que o que fan os socialistas vainos beneficiar. É verdade que se se trasladan os resultados das municipais ás xerais, vemos como quedamos a un puñado de votos do terceiro deputado pero as eleccións son todas diferentes e espero que co esforzo de todos vai ser posible manteñelo.

¿Quen é o mellor candidato para encabezar a lista ó Congreso para manter ese terceiro deputado?

Eso non depende de mín, pero o que hoxe encabeza a lista, Celso Delgado, é unha persoa fantástica que fixo un gran traballo e amosou un bagaxe profesional impresionante. É un aval, unha gran persoa para seguir encabezando a lista. E non me pregunte polos demáis, que non sei.

¿Pero que perfil deberían ter para reforzar a lista?

Ser como Delgado. Deben ser persoas de calle, coñecedores e moi ben formados.

¿Expresoulle Mariano Rajoy o seu apoio cando o xoves visitou Ourense?

Totalmente. Rajoy é persoa que aíno o notas máis cálido no trato cercano. Transmitiume o seu apoio, o seu ánimo, e díxome que se era presidente do Goberno en marzo, cambiaría a Lei Electoral para que fose o alcalde de Ourense porque eso é o que quere a maioría.

Te puede interesar