‘entreparadas cambiou a vida de 16 persoas con problemas ás que lles aumentou a autoestima'

'Entreparadas' é un proxecto de inclusión social organizado pola Asociación de Mobilidade e Prevención de Accidentes de Tráfico (PAT) coa colaboración do Concello de Ourense, no que, a través do teatro, preténdese fomentar valores de cara a mobilidade sustentable á vez que mellorar a vida dos participantes. Susana Bayo, Concelleira de Mobilidade, ofrecerá unha conferencia para explicar esta iniciativa hoxe, ás 20,00 horas, no Centro Cultural de Diputación, enmarcada no Foro La Región, á que tamén asistirá Angélica Ferro -representante de PAT- e dous participantes no proxecto, José Pérez e Marimar Rodríguez.
Que é 'Entreparadas'?
É un proxecto non só de mobilidade senón tamén de carácter social, porque pon en valor o uso do transporte público, ademais de permitir que 16 persoas con problemas poidan, mediante o aumento da súa autoestima, volver a formar parte da sociedade. Mañá, a través do testimonio de dous participantes, comprobaremos como lles cambiou a vida.

En que consistiu o proxecto?
Durante un ano, os participantes -que se coñecían de coller o autobús urbán- tomaron clases de interpretación -ofrecidas por Sarabela Teatro-, prepararon os guións -basados en textos de escritores da Xeración Nós-, e no mes de maio metemos o proxecto nos buses urbáns mentres circulaban pola cidade. Por grupos, os actores ían subindo ó vehículo, representaban una pequena peza teatral, baixaban na seguinte parada, e subían a outro, e así sucesivamente.

Como xurdiu Entreparadas?
A iniciativa partiu da PAT, un grupo ourensán que ten un gran mérito, polas moitísimas actividades que realiza en materia de seguridade vial.

Que acollida tivo?
Moi boa. Moitísimas persoas da cidade desfrutaron das obras. O principio sorprendíanse, porque non sabían que ía pasar, pero despois involucrábanse co espectáculo. A mín, que o puiden vivir, pareceume asombroso.

¿Terá continuidade?
Agora mesmo estáse elaborando un documental sobre o proxecto. Terá continuidade na medida en qué quedará para sempre no tempo, pero será complicado volver a reunir ás mesmas persoas, por circunstancias persoais. Pero seguro que a PAT nos ofrece outras actividades, coma sempre fai.

Que importancia teñen estas iniciativas para concienciar sobre a mobilidade sustentable?
Proxectos así son moi importantes porque ás veces consideramos que a mobilidade é unha cousa só das institucións, e non, é unha cuestión global, que inclúe a todos os ámbitos da sociedade. Todos os cidadáns debemos implicarnos para, pouco a pouco, avanzar cara unha mobilidade sustentable. E neste proxecto concreto queda patente que a mobilidade abarca cuestións sociais, e incluso de saúde, porque serviu para que varias persoas con diferentes problemas aumentaran a súa autoestima.

Te puede interesar