O PSdeG acusa ao Goberno galego de 'encabezar' mes a mes as 'estatísticas negativas' de aprobación de ERE

O PSdeG acusou ao Goberno galego de 'encabezar' mes a mes as 'estatística negativas' en aprobación de Expedientes de Regulación de Emprego (ERE), sen que a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, nin o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, 'modifiquen a súa política na materia'.
Deste xeito o denunciou o Partido Socialista de Galicia nunha iniciativa rexistrada na Cámara galega, na que recordaron que, polo número de expedientes autorizados, Galicia alcanzou 'o seu máximo histórico', con 1.669.

Así mesmo, esta cifra representa o '7,91 por cento do total de España' e 'supón un aumento do 250 por cento con respecto a 2008', indicou o PSdeG.

Ante estes datos, os socialistas galegos instaron a titular de Traballo a explicar no Parlamento galego 'cales son as medidas' que o seu departamento poñerá en marcha para 'evitar que Galicia sexa mes tras mes' a Comunidade que máis emprego destrúe a través de Expedientes de Regulación de Emprego'.

Te puede interesar