ENTREVISTA EURO / JOSÉ RODRÍGUEZ LÓPEZ

"Nos anos sesenta todos queriamos ser empresarios"

06.05.15.OURENSE.POLIGONO.SAN.CIBRAN.ENTREVISTA A MANUEL RODRIGUEZ LOPEZ.
photo_camera José Rodríguez López, fundador de Rodríguez López Auto.

Rodríguez López Auto é a referencia española na adaptación de ambulancias, con máis dun 65% da cuota de mercado

José Rodríguez López fundou a empresa que leva os seus apelidos, na que segue aínda que delegando xestións importantes nos fillos. Rodríguez López Auto é a referencia española na adaptación de ambulancias, con máis dun 65% da cuota de mercado. O obxectivo actual é incrementar a actividade exportadora, sobre todo en Hispanoamérica. Está tamén na directiva do polígono de San Cibrao, un asentamento empresarial para o que reclama atención institucional e lamenta que non sexa máis recoñecida a súa importancia.

¿Cal é a definición que fai de empresario, ou que pensa vostede que é un empresario?
Ser empresario é unha vocación como outra calquera, pero ser empresario é unha loita continua. Tanto en tempos fáciles como complicados tes que deixar a vida no proxecto empresarial.


A empresa en estos momentos vai ben. ¿Pensaba vostede que sería así, que tería esta capacidad de medrar?
Non. Eu cando empecei quixen cambiar moitas cousas do mundo empresarial, cambiar as formas de traballar, que fun conseguindo pouco a pouco. Sempre quixen buscar novos mercados porque en Ourense, cando empecei, eramos máis carroceiros en Ourense que en toda Galicia, traballando todos o mesmo produto, por iso sempre busquei mercados novos e entrei no mundo da transformación. A aposta saíu ben porque sempre me gustou a tecnoloxía e a innovación. A min sempre me dicían cando sacaba unha ambulancia que prefería sacala ben, con calidade, que sacala rápido. Sempre tivemos que demostrar ao resto de España que eramos millores.


¿Sempre tuvo clara a liña a seguir? ¿Nunca pensou que se equivocaba?
Sempre tiven claro o proxecto que quería levar adiante, desde que me establecín. Tiña claro que tiña que cambiar o sector da carrocería e creo que se conseguíu.


¿Pero non será fácil dende Ourense dominar o mercado de carrozado de ambulancias en toda España?
Non é fácil, pero hai que traballar moitísimo e analizar moito o sector e a túa competencia, saber cómo pensa, qué mercado explora, etc. Despois tes que pensar que debes superar un montón de dificultades. Nós, ao principio, tiñamos que ir buscar os vehículos a Benavente porque non os querían traer a Ourense por culpa das estradas. Cando eu empecei ía pobo por pobo visitando clientes. Por exemplo, cando visitaba Cáceres, pasaba unha semana porque tiña que ir por cada pobo demostrando que as nosas ambulancias eran boas.


Supoño que a empresa medrou moito cando as administracións sanitarias empezaron a comprar ambulancias.
Claro. Un dos crecementos máis importantes das ambulancias foi cando se creou o 061 porque xa eran vehículos que parecían casi quirófanos, xa había tecnoloxía de vangarda, eran fiables, etc. Na empresa sempre apostamos por esas cousas, pola innovación, pola tecnoloxía.


¿Que sensación tivo cando firmou o primeiro contrato para a exportación.?
Foi unha sensación de alivio e de felicidade, era a confirmación de que estabamos facendo as cousas ben. Xa, no mercado interno, cando firmara o primeiro contrato de trece ambulancias para Madrid, sacámoslle fotos por todos os lados, porque para nós eso era un éxito. O primeiro contrato de exportación foi para África, pero non se volveu a repetir, foi esporádico, quedouse en pouca cousa.


Todo o mundo fala de exportar como si fose fácil. ¿Canto hai que loitar para conseguir o primeiro contrato?
Desde que empezas a ter os primeiros contratos, unha media de tres anos e medio, como muy pronto. Non é fácil porque xa non é facil vender en España, en cada unha das autonomías teñen formas de pensar diferentes, imaxínate o que pasará nos outros países, con idiomas e culturas diferentes. Nós temos a ventaxa de que as ambulancias que facemos gustan en todo o mundo porque a calidade é moi superior á media europea.


¿Síntense vostedes apoiados como empresa exportadora?
Non nos sentimos apoiados e cremos que hai moita carencia e moito descoñecemento do que é exportar. Para vender noutros países hai que coñecer o mercado, as necesidades, o produto, a competencia, a capacidade de compra e iso non é sinxelo. Non quero dicir con esto que os conselleiros ou o presidente da Xunta teñan moitas ganas e poñan toda a vontade do mundo, pero as trabas están as veces nos intermedios, nos funcionarios e na burocracia. É ahí onde hai moito descoñecemento.


¿Segue a ser o seu gran proxecto a exportación?
Eu penso que o ano que ven será importante para nós porque levamos moitos anos traballando e pensando na exportación. Incluso creo que este ano será xa un ano de desplegue e será un fluxo continuo. Por eso estamos loitando, sobre todo en Hispanoamérica porque temos afinidades culturais e de idioma.


¿Percibe recuperación?
Sí que vexo recuperación, polo menos estase movendo o mercado un pouquiño, de todos modos, o noso mercado está na exportación.


¿Vostede como empresario está hoxe máis tranquilo que hai dous anos ou tres?
A nosa empresa sempre estuvo bastante tranquila e a futuro, no 2016, haberá importantes pedidos de ambulancias. A nivel xeral eu vexo que as cousas van mellorando porque creo que as cousas se fixeron bastante ben.


¿Cómo ve vostede o resto das 300 empresas do polígono?
Estou vendo as cousas mellor e aos empresarios con máis optimismo e con máis ganas de traballar porque as cousas van indo algo mellor, aínda que a uns mellor que a outros, dependendo do sector e do mercado no que traballen. De feito, no polígono é onde máis contratos laborales se fixeron nestes últimos meses.


Agora que falamos do polígono e vostede está na directiva, ¿cal é a reivindicación fundamental que teñen os empresarios?
Unha das nosas pelexas é dar a coñecer o polígono e intentar atraer a máis empresas, pero tamén queremos que melloren os accesos, que se consiga traer a estación intermodal porque é donde se producen os movementos de mercadorías. Pero, sobre todo, temos que conseguir atraer novas empresas, aínda que é un proceso de custa bastante porque temos algunhas carencias. A nosa intención é promover boas comunicacións con centros importantes como o de Vigo porque así gañamos rapidez e competitividade. Temos que facer de Vigo e de Ourense casi un único centro industrial e iso solo se consigue con boas comunicacións.


¿Ve vostede á xente nova con espíritu empresarial?
Penso que Ourense perdeu moito ímpetu empresarial a agora estanos custando moito recuperalo. A xente nova ten que querer e ten que creer na perspectiva empresarial e vexo que nos vai a ser moi dificil que saian novos empresarios. O espíritu que tiñamos nós nos anos sesenta, que todos queríamos ser empresarios, eso acabouse, ainda que parece que está volvendo, polo menos hai xente nova que o intenta, pero faltan uns cantos anos para ver realidades.


¿Cómo ve a colaboración da Universidade coas empresas?
Eu son un gran defensor da formación pero digo que para enseñar hai que saber. A Universidade as veces pensa que está moi por riba do mundo empresarial. Non pode ser que veña un traballador a unha empresa e non coñeza nada ou casi nada dunha empresa. Debería haber no polígono unha aula para último curso de carreira para que se esté cerca das empresas e se sepa o que son. Hai quen chega co título universitario e non sabe diferenciar unha factura dun albarán. Esa é a realidade. Tamén os profesores deberían estar máis metidos na empresa para poder transmitir os coñecementos. En fin, non estaría de máis que a Universidade se baixara máis ao mundo da empresa porque nós cambiamos máis rápido do que cambia a Universidade.

Te puede interesar