FORO LA REGIÓN

“A literatura dedicada aos nenos non pode ser ñoña nin de bichiños"

O escritor  presentou "Ada pierde la cabeza", un relato trilingüe ilustrado por Carmén Fernández.

A cabalo entre Madrid e Neda, o escritor Vicente Araguas fixo unha parada no Foro La Región para desmontar algúns dos mitos que xiran entorno á literatura infantil. É o caso dos irmáns Grimm que, a pesar de ser coñecidos polos seus contos para nenos, en realidade os seus escritos non están dirixidos propiamente para eles. "Os irmáns Grimm andiveron percorrendo Alemania na procura de contos e lendas pero non infantís; un malentendido", explicou. O mesmo acontece con Hansel y Gretel ou con "Piel de asno", unha historia de incesto na que un pai quere casar ca súa filla trala morte da súa muller. O mesmo pensa dos refráns e das fábulas, que "adoitan ser escola de ensinanzas cotrosas", dixo.

Ademais de músico e escritor, Vicente Araguas defínese ante todo como lector. "Eu sobre todo son lector. Foi o que fixen. Ler é unha maravilla", dixo. Os seus inicios na aventura de ler están marcados polo escritor Saturnino Calleja. Agora adícase, ademais de dar clase no colexio Logos de Las Rozas, á crear liteatura realmente para nenos, que non pode ser "ñoña nin de bichiños", explicou. "Ada pierde la cabeza" é un claro exemplo do seu traballo. Unha obra escrita en galego, castelán e inglés na que non faltan os debuxos. Para iso contou coa colaboración da ilustradora Carmen Fernández Cornejo. "As ilustraciós xogan un rol decisivo e Carmen é unha ilustradora estupenda", dixo. A protagonista da obra é Ada, unha personaxe basada na súa sobriña que vive nas illas Canarias. Unha nena dulce e soñadora a que lle costa coller o sono polo que Mamá Nieves será a encargada de contarlle un conto á cativa antes de durmir. As aventuras de Ada continuarán nun tercer tomo que levará como título "Ada en el bosque".

O ferrolán tampouco vive axeno ás novas tecnoloxías aínda que aposta pola lectura en papel. "Tería mil razóns para defender o libro en papel: dende poñer unha dedicatoria ata pasalo e tocalo coas máns", explicou. Vicente Araguas, fundador do legendario grupo Voces Ceibes, despediuse do público recintando o poema "Cando ela dorme é un sabor de laranxa brava...". Fíxoo en galego e en italiano.

Te puede interesar