FESTA POPULAR

Arranca o Arde Lucus con 400 actividades para evocar o pasado romano de Lugo

efe
photo_camera Un momento del Arde Lucus.

Os hoteis da cidade teñen un nivel de ocupación moi alto para todo o fin de semana e o Concello de Lugo agarda a chegada duns 600.000 visitantes

A apertura simbólica das portas da cidade, neste caso da Muralla -Patrimonio da Humanidade-, marcará hoxe o inicio da celebración do Arde Lucus, a festa que evoca a orixe romana da cidade e cuxa programación oficial, que engloba máis de catrocentas actividades, prolongaráse ata o domingo -día 19 de xuño-.

Das actividades programadas para esta décimo quinta edición do Arde Lucus, festa que foi declarada de Interese Turístico Galego e aspira a ser considerada de interese Nacional -do mesmo xeito que as patronais de San Froilán- nos próximos anos, ao redor de cincuenta son totalmente novas.

Os hoteis da cidade teñen un nivel de ocupación moi alto para todo o fin de semana e o Concello de Lugo agarda a chegada duns 600.000 visitantes, que xunto aos case 100.000 habitantes da capital lucense, encherán as rúas do centro histórico de romanos e castrexos durante os días grandes desta celebración.

Te puede interesar