O BNG esixe o cesamento de Anxo Lorenzo por realizar 'durante dous anos' un 'auténtico recital de inutilidade'

Critica os 'efectos desvastadores' de 'terrorismo político' da Xunta sobre o estado de 'saúde' da lingua galega
O voceiro de Lingua do BNG, Bieito Lobeira, esixiu o cesamento do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, ao que acusou de realizar 'durante dous anos' un 'auténtico recital de inutilidade, ineptitude e frivolidade' así como de 'hipocrisía' ao 'comerciar co idioma a cambio dunha triste nómina'.

Deste xeito pronunciouse este venres nunha rolda de prensa, na que criticou o 'empeño' do Executivo presidido por Alberto Núñez Feijóo en 'exterminar' o uso da lingua galega a través dunha 'política carniceira' caracterizada por poñer en marcha 'as medidas máis agresivas e regresivas que se recordan nos 30 anos de autonomía'.

Nesta liña, criticou o 'terrorismo lingüístico' practicado polo Partido Popular que, 'baixo a falsa escusa da austeridade', ten como fin a 'extirpar e aniquilar' o 'uso da lingua galega' da sociedade naqueles ámbitos onde estaba 'parcialmente axeitada'.

A este respecto, indicou que 'a obsesión do Partido Popular' pola 'eliminación' do idioma 'custa centos de miles de euros a todos os galegos'. Así, puxo como exemplo os custos derivados da 'substitución da sinalectica, a produción de libros en galego, ou a elaboración das consultas a pais' pola preferencia do idioma de escolarización.

'É moito máis barato seguir mantendo unha defensa da lingua galega que, ademais de ser un mandato estatutario, é unha obriga para calquera galego que se compraza da súa pertenza a esta terra', apostilou o deputado nacionalista.

'

Te puede interesar