Buscan a unha muller de 47 anos vista por última vez o pasado luns en Vigo

SOS Desaparecidos apela á colaboración cidadá para dar co paradoiro de Celia Lino

A asociación SOS Desaparecidos activou na tarde deste mércores a alerta por desaparición de Celia María Lino, quen foi vista por última vez o pasado luns na cidade de Vigo.

Tal e como comunicou a asociación a través da súa páxina web e das redes sociais, a muller, que necesita medicación, ten 47 anos de idade, mide 1,75 metros, é de constitución moi delgada e ten o pelo castaño claro.

SOS Desaparecidos apela á colaboración cidadá para dar co paradoiro de Celia Lino, para o que se pode informar a través dos teléfonos 642.650.775 e 649.952.957 e do correo electrónico [email protected].

Te puede interesar