GALICIA

Buscan un veciño de Ferrol de 36 anos que falta do seu domicilio dende o pasado martes

O home reside na zona rural do municipio ferrolano, concretamente na parroquia costeira de Canido, e no momento da súa desaparición vestía pantalón azul mariño e polar vermello

Un veciño de Ferrol, Julián Romero, de 36 anos de idade, está desaparecido dende o pasado martes, día 26. Foi un familiar o que denunciou o caso na sede da comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón.

O home reside na zona rural do municipio ferrolano, concretamente na parroquia costeira de Canido, e no momento da súa desaparición vestía pantalón azul mariño, polar vermello con cremalleira a fronte e portaba unha mochila pequena.

Durante as últimas horas, na busca colaboraron familiares, amigos e veciños xunto aos integrantes das forzas de seguridade. A súa fotografía foi distribuída a través das redes sociais para solicitar a colaboración cidadá na súa busca.

Te puede interesar