Un camiñeiro circula por autovía sen reparar en que a cabina está ardendo

Os sinais dos condutores dos coches cos que se cruzaba na autovía da Barbanza puideron salvarlle a vida hoxe a un camioneiro que non se decataba de que a cabina do seu vehículo estaba ardendo, segundo informan fontes dos bombeiros de Boiro.

Antes de que a cabina quedase completamente calcinada, o condutor baixou do camión, da empresa Áridos Rafael, de Dodro, pola insistencia dos vehículos que circulaban en sentido contrario en lle facer sinais acústicos e lumínicos.

Nun principio pensou que levaba postas as luces, mais como non cesaban os avisos doutros condutores parou ao chegar a Rianxo e viu como a parte traseira da cabina estaba a arder, momento en que deu aviso ao 112.

Os bombeiros de Boiro trasladáronse a zona mais non puideron evitar que a cabina do camión quedase completamente calcinada, aínda que a carga e a caixa do camión se salvaron da acción das chamas.

A autovía permaneceu cortada en sentido a Padrón durante unha hora, aproximadamente.

Te puede interesar