ENTREVISTA

Davide Rodríguez: "Non apoiar o dereito a autoderminación foi unha falta de ética"

DAV
photo_camera Davide Rodríguez é deputado de En Marea.

Davide Rodríguez foi un dos catro deputados de En Marea que se ausentaron a semana pasada da Cámara para non ter que absterse, como decidira o grupo, nin romper a disciplina de voto nunha iniciativa do BNG que rexeitaba a aplicación do artigo 155 en Cataluña e defendía o dereito á autodeterminación dos pobos.

Davide Rodríguez foi un dos catro deputados de En Marea que se ausentaron a semana pasada da Cámara para non ter que absterse, como decidira o grupo, nin romper a disciplina de voto nunha iniciativa do BNG que rexeitaba a aplicación do artigo 155 en Cataluña e defendía o dereito á autodeterminación dos pobos.

Podemos ven de anunciar que recorrerá o 155 ante o Constitucional. Sería hoxe máis doado evitar a imaxe de división? 

Agora mesmo non. Neste asunto Esquerda Unida e Podemos aceptan as cousas como están e outras forzas da esquerda nacional galega, tamén deputados a nivel individual, estamos por romper ese marco. Andamos nun empate técnico. É o que teñen este tipo de candidaturas moi amplas, diversas e plurais, onde a acción social está clara pero no tema da autodeterminación dos pobos temos diferenzas. Oxala non pasara, pero pode volver pasar porque temos diferenzas ideolóxicas que van ser difíciles de solventar.

Cre que pode continuar o proxecto común cando unhas forzas como Anova  e Cerna teñen marcadas sensibilidades sobreanistas e outras como Podemos e EU non? 

O que é o proxecto común xa existía fai cinco anos con Alternativa Galega de Esquerdas, continuou nas eleccións europeas, nas municipais con diferentes siglas e agora con En Marea. O proxecto está funcionando ben, como a organización, o traballo parlamentario de todas... Penso que somos un grupo unido, aínda que nalgúns puntos chocamos. Temos que facer fincapé en que hai uns documentos de cando se formou En Marea na asemblea constituínte de Vigo e olvidamos que hai cousas que non cumprimos. Para os que nos ausentamos da votación, se cadra, foi unha falta de ética que non se apoiara ese punto porque nos propios documentos da asemblea de Vigo está recoñecido o dereito a autodeterminación dos pobos. A maioría do grupo decidiu non apoiar esa iniciativa nunha reunión a que non asistín por enfermedade, e non quixemos romper a disciplina de voto.

Non ten medo de que En Marea rache de cara as muncipais, xa que Podemos e EU pecharon un pacto a nivel estatal? 

Se Podemos e EU queren levar a cabo ese pacto en Galicia é unha mágoa, pero En Marea ten que seguir. En Marea naceu como suxeito político propio con sensibilidade de esquerdas para Galicia e penso que está sendo útil e vaino seguir sendo ata chegar a gobernar un día este país. O obxectivo común é botar ao PP das institucións.  

Outro asunto no que tamén hai diferenzas é apoio á CUP nas eleccións catalanas... 

Xa non é un debate entre deputados, a organización ten que facer cumprir os estatutos e un dos puntos é o dereito a autodeterminación. O posicionamento da CUP é o mesmo que defende En Marea e por suposto hai que apoialos. 

Te puede interesar