Di que 'gañarán máis que este ano', pero será inferior ao que deberían percibir se Rajoy non volve a suprimir unha paga extra

Feijóo intenta disfrazar o recorte que fará en 2013 ó soldo dos funcionarios

Os membros do Executivo autonómico, no encontro que mantiveron onte en Santiago. (Foto: XOÁN CRESPO)
Para cumprir co obxectivo de déficit a Xunta tenta recortar o soldo dos funcionarios.
Se este o ano Rajoy suprimeu unha paga extra, o que ven sendo un 7% do total, agora Feijóo quere anticiparse ao que fixo o Goberno central no 2012 co gallo de cumprir co obxectivo de déficit. Tras a convocatoria da Mesa de Negociación de Empregados Públicos na que no único punto da orde do día rezaba: 'Estudo do anteproxecto relativo á masa Salarial do Capítulo I do proxecto de lei de orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2013, en particular a adopción de medidas retributivas na liña das tomadas pola Administración do Estado en 2012, como consecuencia da redución á metade do obxectivo de déficit para 2013', o presidente da Xunta intentou onte agochar en que consistirán os recortes salariais que lle propoñerán ás forzas sindicais logo da promesa feita na campaña electoral de que non lle tocaría o soldo aos funcionarios, como denunciaron sindicatos e partidos da oposición.

Alberto Núñez Feijóo argumentou que 'os empregados públicos cobrarán máis en 2013 que este ano', ademáis de engadir que as medidas restritivas terán un carácter progresivo, e dicir: nos complementos autonómicos a merma será máior para os que máis cobren e inferior para os que teñan uns salarios máis baixos, malia que o presidente galego utilizou a xeito de exemplo 'recuperación dunha parte da paga extra'.

Se ben é certo que o salario pode ser maior o ano que ben que o deste, tamén o é que será inferior que no ano 2011 e tamén que no que os empregados públicos terían que recibir en 2013 se o Goberno central non volve suprimir unha paga extra como fixo con carácter de excepcional. Se a extra se mantén, coa redución que quere Facer Feijóo os salarios serían maiores respecto da redución que aplicou o Goberno central, xa que en todo caso a proposta que a Xunta levará á mesa de negociación será sempre inferior ao 7% que se aplicou este ano.

Mariano Rajoy polo de agora nada dixo de que volverá a aplicar esa medida. A Xunta de Galicia non ten competencias no tema das pagas extras e o argumento de Feijóo durante todo este tempo foi que nada podía facer para compensar a perda, como quixeron facer noutras administracións, por tratarse dunha medida Estatal.

Malia a que Feijóo remitiu a reunión de hoxe entre sindicatos e Función Pública para non dar cifras sobre a redución, as forzas sindicais cren que non superará ese 7%, aínda que reixeitarán frontalmente a proposta. Outro dos escenarios que barallou Función Pública foi o despedimento duns 3.000 temporais dos case 90.000 funcionarios.

Te puede interesar