Economía

Galicia e Estremadura, onde máis medrou a producción industrial

A comunidade galega experimentou un crecemento de case un 7%

A taxa anual da producción industrial no mes de marzo é positiva en cinco comunidades autónomas e os maiores incrementos producíronse en Galicia (6,7 %), Estremadura (5,0 %) e Cantabria (2,2 %).

A producción industrial rexistrou un descenso interanual do 3,6 % en marzo, o maior nese mes do últimos cinco anos, lastrada pola caída de todos os sectores, salvo a enerxía, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

No descenso interanual da producción en marzo, que contrasta co incremento do 2,8 % rexistrado en febreiro, hai que ter en conta que este ano a Semana Santa tivo lugar íntegramente no terceiro mes do ano. 

Te puede interesar