Guillerme Vázquez advirte que o BNG non avala unha moción de censura en Muros e que buscará 'convencer' aos concelleiros

Foto: EUROPA PRESS
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, advertiu este venres que a dirección do Bloque 'non avala' que se promova unha moción de censura en muros pactada entre os edís populares e nacionalistas para desaloxar a Alcaldesa socialista, Caridad González, do bastón de mando.
'Está claro que o BNG non avala a moción de Muros', remarcou o voceiro nacional do Bloque en rolda de prensa ao ser preguntado pola posibilidade de que se promova esta acción no municipio muradano.

Neste sentido, explicou que a dirección nacionalista 'tratará de convencer' aos concelleiros do BNG neste municipio da 'inoportunidade' desta 'decisión definitiva ou, polo menos, anuncio de decisión', aínda que non concretou se se levará a cabo nun encontro nos próximos días aproveitando a reunión da Executiva, como acontecera no caso da moción de censura de Cee.

'Se non conseguimos convencer os compañeiros, que si terán conversacións con membros da Executiva, actuaremos en consecuencia', sentenciou o líder nacionalista.

Por outro lado, o voceiro nacional do BNG manifestou que a dirección nacionalista seguirá actuando da mesma forma, é dicir, reclamando as actas, con todos aqueles cargos institucionais que abandonen o Bloque pero non deixen os seus cargos. 'O BNG solicitará as actas, como é normal en democracia', resolveu.

Te puede interesar