ÉXITO

Máis de 5.000 mozos formularon algunha consulta nos centros Quérote+ durante 2013

Máis de 5.000 mozos formularon algunha pregunta nos centros Quérote+ de toda Galicia durante o ano 2013, con temáticas diversas que van da afectividade á sexualidade pasando pola imaxe corporal, a convivencia ou o consumo de substancias.


Segundo informou este sábado a Xunta de Galicia a través dun comunicado, do total destas consultas 2.773 foron presenciais, 1.477 vía Internet e 821 telefónicas.

O servizo Quérote+ segue traballando tamén con mozos con diversidade funcional, as súas familias e os equipos profesionais de distintas entidades; así como con mozos con algunha medida xudicial.

No relativo aos centros de ensino, durante o pasado ano os técnicos de Quérote+ impartiron 793 charlas nun total de 120 centros, chegando a un total de 16.424 mozos. A maiores, o pasado ano colaboraron con 230 entidades, impartíronse 1.000 accións formativas e chegouse a 18.100 participantes en toda Galicia.

Te puede interesar