TURISMO

Máis de 76.000 persoas coñeceron en FITUR a oferta turística galega

O expositor de Galicia en FITUR en 2019.
photo_camera O expositor de Galicia en FITUR.

O expositor da comunidade autónoma galega na Feira Internacional de Turismo acolleu máis de 40 presentacións das catro provincias

Galicia volveu cumprir obxectivos na súa participación na Feira Internacional de Turismo que remata este luns en Madrid. Fin a cinco días de intensa actividade, tanto profesional como aberta ao público xeral, nos que o expositor galego foi visitado por máis de 76.000 persoas e nos que se conseguiu consolidar o atractivo da oferta turística galega. 

O expositor da comunidade autónoma galega acolleu máis de 40 presentacións das catro provincias, dando resposta ás entidades que así o solicitaron. Tamén se distribuiron máis de 200.000 folletos e material de promoción e mantívose contacto con máis de 200 xornalistas e bloggers de diferentes nacionalidades. 

O balance destas cinco xornadas revela o crecente interese dos visitantes pola gastronomía e a oferta turística galega, ademáis das novas propostas como Un paseo de historia e vida que propón percorrer os cascos históricos de Galicia para coñecer o eu patrimonio, comercio local e gastronomía. Tamén unha guía de viaxes para descubrir diferentes puntos da comunidade a través da riqueza singular das súas árbores senlleiras, ou, entre outros, o novo itinerario que aproveita o éxito dos Minicruceiros costeiros polas rías de Galicia. 

Ademáis, Galicia participou no  Workshops Hosted Buyers con dez de encontros Business to Business, cos principais operadores turísticos internacionais interesados en destinos como o galego, ricos en cultura e patrimonio. A maiores, se tiveron reunións con representantes de Oficinas de Turismo de España no exterior para a planificación de colaboracións. 


Actividades


Durante estos días en FITUR, no expositor galego realizáronse catas comentadas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas, unha exhibición de Artesanía de Galicia cun obradoiro en vivo de xoiería galega e, durante a fin de semana, o expositor de da Comunidade acolleu actividades relacionadas coa enogastronomía, a artesanía, o Camiño de Santiago, a música ou o teatro.

Te puede interesar