Día das Letras Galegas

As monografías máis relevantes de Francisco Fernández del Riego

Letras
Estas foron algunhas das obras máis destacadas de Francisco Fernández del Riego, recoñecido este 2023 no Día das Letras Galegas

Francisco Fernández del Riego é autor dunha extensa obra. A súa sinatura está presente en máis de 150 monografías, traballou como prologuista, editor literario ou tradutor en case un cento de títulos e asinou máis de 4.000 colaboracións en publicacións periódicas. A relación que se ofrece deseguido é só unha escolma da súa produción e doutros títulos sobre a súa figura e o seu legado.

Entre os seus libros destacan ensaios sobre a cultura e a literatura galegas como “Historia da literatura galega” (1951), “Galicia no espello” (1954), “Diccionario de escritores en lingua galega” (1990), “A xeración Galaxia” (1996) e “Letras do noso tempo” (1974).

Cos ollos do noso esprito

En 1949, Francisco Fernández del Riego publica o seu primeiro libro, “Cos ollos do noso esprito”, editado pola Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires.  Un exemplo de como foi un punto de unión entre os galegos da diáspora e do exilio interior.

Galicia no espello

En 1954, tamén en Arxentina publicou “Galicia no espello”. Nesta etapa da súa actividade divulgativa tamén publicou “ Danzas populares gallegas” e colaboraba na revista Galicia, órgano do Centro Gallego de Buenos Aires,  e na revista Galicia Emigrante.

Historia de la literatura gallega

A primeira edición de “Historia de la literatura galelga” sae en 1951 e anos despois se traduciría ao galego e se convertería nun libro referencial  durante moitos anos. Trátase dun amplo estudo da historia da literatura galega desde as súas orixes até finais do século XX.

Vicente Risco Escolma de textos

Escolma de textos e introdución biográfica de Vicente Risco realizadas por Francisco Fernández del Riego co gallo do Día das Letras Galegas de 1981.  A obra recolle a prosa narrativa de Risco, ensaios e crónicas do autor de “O porco de pé” así como un repaso a súa bibliografía e figura.

Letras do noso tempo

En 1974 publica un libro moi querido por el “Letras do noso tempo”, un completo ensaio sobre a cultura e a literatura galega do noso tempo. Unha das numerosas monografías  do autor de Lourenzá.

A xeración Galaxia

 

En 1996, Fernández del Riego publicou “A xeración Galaxia”. Este libro é a crónica interna e externa, obxectiva e emocionada, daquela singular tarefa de reconstrución contada por un dos seus principais protagonistas.

Ánxel Casal e o libro galego

En 1983 publícase “Ánxel Casal e o libro galego”. Editor e alcalde de Santiago de Compostela foi asasinado en 1936 polos golpistas. Neste libro, Del Riego salienta a importancia do seu labor para a literatura galega.

O cego de Pumardedón

En 1992, se publicó “O cego de Pumardedón”. Mauro, o protagonista, converxe en dous tempos unha vida que ben pode ser a historia propia de tantos. O escritor aparece con toda a súa sabedoría acumulada.

Galicia

Nesta obra publicada por Xerais en 1994, Fernández del Riego propón unha vizosa viaxe organizada en doce itinerarios co fío argumental que lle brindan uns amigos bretóns que veñen visitar o noso país.

Te puede interesar