Morreu Río Barja, xeógrafo e discípulo de Otero Pedrayo

Francisco Río Barja, catedrático de Xeografía e un dos intelectuais máis destacados da Galicia do último medio século, morreu o mércores en Canarias onde pasaba uns días de lecer, segundo comunicou a sua familia. Río Barja foi atopado sen vida na cama do hotel no que se hospedaba. Sin embargo, a familia indicou que Río Barja se atopaba ben e mesmo se tiña bañado horas antes do seu pasamento.
Francisco Río Barja naceu en Lugo en 1919. Fillo de militar e o máis novo de oito irmáns, era doutor en Xeografía, foi discípulo de don Ramón Otero Pedrayo na universidade de Santiago, e autor de numerosos traballos da sua especialidade. É correspondente da Real Academia Galega dende o ano 1962.


CONSELLO DA CULTURA

Con motivo do seu falecemento, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, expresou o seu pesar pola desaparición de Francisco Río Barja, aos 91 anos de idade.

A través dun comunicado, Villares recordou o 'traballo' de Río Barja no CCG, entidade da que foi un dos seus fundadores. De igual modo, destacou a súa 'contribución' ao desenvolvemento dos estudios e investigacións xeográficas.

'Ademais da súa longa e intensa dedicación docente, foi un grande divulgador da Xeografía de Galicia cos seus libros e, moi especialmente, a través dos traballos realizados dende o CCG en colaboración coa Televisión de Galicia', rememorou Villares, que describiu ao profesor como 'un home discreto, amable e elegante'.

Te puede interesar