Unha muller ferida nunha colisión múltiple entre un camión e tres coches en Monforte

Unha muller de 68 anos de idade, con iniciais A.L.L, foi evacuada nesta mañá por unha ambulancia do 061 ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, despois de ficar ferida nunha colisión múltiple nesa mesma localidade luguesa, en que se viron implicados tres turismos e un camión.

Segundo informou a central de coordinación de emerxencias do 112, o accidente ocorreu cando pasaban poucos minutos das nove e media da mañá, concretamente na vía de circunvalación de Monforte de Lemos, en dirección á estación de autobuses da localidade.

Ademais da muller evacuada, outras persoas precisaron asistencia médica por causa do accidente, aínda que se desprazaron cos seus propios medios ao centro de saúde de Monforte de Lemos.

Despois da chamada realizada por un particular para avisar do accidente, o 112 mobilizou as Urxencias Médicas, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.

Te puede interesar