Narón oficializa o seu goberno cuatripartito (Tega, BNG, PSOE e CG)

O Concello de Narón, a oitava cidade de Galicia, pasou hoxe a estar gobernada por un cuatripartito que lidera Terra Galega, co apoio do BNG e PSOE, e ao que hoxe se incorporou a única concelleira de Converxencia Galega, María Porto, quen se ocupará das carteiras de Turismo e Novas Tecnoloxías, segundo fontes do municipio naronés.
O executivo naronés que dirixe Xosé Manuel Blanco (Tega), con oito edís, suma así un voto máis, ata 13, coa incorporación do concelleiro de Converxencia.

Blanco xa contaba co apoio dos dous edís do Bloque e outros dous do PSOE naronés.

Os voceiros dos catro grupos que desde hoxe integran formalmente o goberno de Narón, Guillermo Fojo (Tega), Catalina García (PSOE), Pablo Villamar (BNG) e María Porto (CG) compareceron este mediodía nunha rolda de prensa xunto ao rexedor tras asinar o pacto local para explicar que conformaron un goberno 'único' sen fisuras e para emprazar o PP a realizar unha oposición 'construtiva'.

O novo goberno cuatripartito de Narón deixa só o PP na oposición con oito edís. Os populares criticaron a nova composición do executivo, con catro grupos políticos, porque entenden que é unha 'manobra sorprendente' que fomentará 'a inestabilidade política' en tempos de crise.

Te puede interesar